21 abril 2006

vacacións católicas

Glousse de Mousse, comisionado da Festa do Termo e mozo católico, demostra co exemplo como se pode conxugar con aproveitamento o ocio insular canario-vespertino coa entrega ás máis recomendábeis lecturas. Dende Lanzarote, saúda en posición Chang-Pai pola ledicia de atopar este refuxio do saber. Dende aquí, con agarimo, dedicámosche un Wan in kai.

A canción do verán

A Comisión da Festa do Termo, como asociación católica que somos, recomendamos a seguinte canción e agardamos que teña o éxito merecido este verán. Non deixes de escoitala, IM-PRES-CIN-DI-BEL !!!!

20 abril 2006

vídeo da Festa da Dorna

Á espera de máis vídeos da Festa do Termo (en breve, compañeiros!), ofrecemos este outro da Festa da Dorna feito pola peña Persebes coma Punhos.

15 abril 2006

Repercusión mediática VIII

O ano pasado algúns dábannos por mortos. Esto dicía no 2005 La Voz de Galicia:


Esta foi a carta que lle enviamos a tan respetable xornal, agradecendo o seu interese e desmentindo rumores claramente interesados (non dicimos por parte de quen) da suposta desaparición da Festa do Termo xusto no ano do seu décimo aniversario:



FESTA DO TERMO

COMISIÓN

Querido director:

Quixeramos agradecer o pulo e estímulo que nos proporcionou a columna de Mar Dopico publicada o pasado sábado día 17, na que lamentaba a ausencia da Festa do Termo. De tódolos xeitos sentímonos na obriga de corrixir o seu contido, pois en ningún momento a Festa do Termo deixou de celebrarse. Neste décimo aniversario, que onte tivo lugar na República do Termo e na veciña Ribeira, os membros da Comisión optamos por un retorno ás orixes de tan sobranceira e devanceira celebración, e fixemos da intimidade e o recollemento o noso lema (a máis das célebres verbas proferidas de xeito espontáneo-sorpresivo-vespertino pola segunda xeración de comisionados: “¿A dónde vas, papi?”).

As últimas edicións da Festa do Termo caracterizáronse pola crecente masificación e incorporación de usuarios, polo que neste décimo aniversario retomamos un dos nosos antigos lemas, “¿Que facemos coa xente?”. A máis, a Festa do Termo sempre estivo ó servizo da Comisión, non a Comisión ó servizo da Festa, polo que a flexibilidade nas datas é unha das súas características máis destacábeis.

Agradecendo por suposto a atención que o xornal lle prestou durante esta década á Festa do Termo, despedímonos agardando a vosa compaña nos vindeiros dez anos. Póñanos ós pes das súas redactoras. Un saúdo especial a Ana Gerpe e Simón Balvís.

CHANG-PAI WAN IN KAI!!!!!!

República do Termo

18 de setembro de 2005

11 abril 2006

A outra dimensión do Irmanamento


Paul Tillich e J.L. Borges: lecturas obrigatorias, símbolo do Irmanamento. Porque non todo van ser maratóns espidas... Tres chang-pais!!!

10 abril 2006

Queremos ser del Termo

Nosotras, las borgianas, queremos ser del TERMO, somos chicas muy aficionadas a la lectura de Borges, y todo lo relacionado con él, sólo nos gustan los chicos Borgianos, y sobre todo con buena poronga, para leer toda la noche...

08 abril 2006

Especial Semana Santa

Ante a carestía de vídeos termais aquí tedes un "Easter Holiday Special". Esta película é todo un alicerce inspirador da filosofía termal. Dedicado a Judas, que despois de tanto tempo limpou seu nome.

06 abril 2006

Pregón do 2005


Festa do Termo TV: lectura do pregón 2005



Un cidadán católico foi o pregoneiro da décima edición da Festa do Termo, celebrada no 2005. Foi un multitudinario acto que tivo lugar no Bar Plaza. Obsérvese como engordou o Termo despois de dez anos, o atento que está o cidadán albanokosovar, e os vanos esforzos de Glousse de Mousse por lograr unha posición Xericó multitudinaria.

04 abril 2006

Irmanamento Termo-AFP

Texto do Irmanamento 2003

A continuación ofrecémosvos o guión completo do acto de Irmanamento entre o Termo e a AFP, celebrado en 2003 e lido por Marga Pazos e Quique Morais. É o que introduce Marga no vídeo.

-----------------

SOLEMNE ACTO DE IRMANAMENTO

COMISIÓN DA FESTA DO TERMO – AFP

RIVEIRA, 11 DE AGOSTO DE 2003

(REPICHOCA GAITEIRA)

MARGA PAZOS: Estimado Sr. Alcalde, Concelleiros, Sr. Cuiña Crespo, Sr. D. Ramiro Carregal, Membros da Comisión da Festa do Termo, da Asociación da Farola do Plaza, usuarios sobranceiros, amigos da Festa do Aplique, amigos da Festa do Termo, Sr. Presidente vitalicio, Sr. Presidente da AFP, Presidenta (eu), curiosos varios, moi boas noites e benvidos todos a este solemne acto que marcará o comenzo dun camiño compartido da man dos dous colectivos máis destacábeis das proximidades da veciña Riveira.

Hoxe, A Comisión da Festa do Termo, organizadora da Festa do Termo que este ano acada a súa oitava edición, e a Asociación da Farola do Plaza, organizadora da Festa do Aplique, este ano na súa terceira edición, celebran con este acto o seu irmanamento.

(MARGA ANUNCIA APLAUSOS e TRES CHANG-PAI)

QUIQUE MORAIS: Un irmanamento é ante todo un acto de alegría e de felicidade, a ledicia de dous irmáns que queren comparti-lo moito que teñen en común.

A Farola do Plaza, perante a que nos encontramos, exemplifica unha das características máis destacables que a AFP e a Comisión da Festa do Termo comparten, un espacio terrorial propio, esta insigne farola no caso da AFP, a República do Termo no caso da Festa do Termo.

Pero non son só as fronteiras as que fan que os dous grupos se atopen hoxe no camiño. Tanto na AFP como a Comisión da Festa do Termo as ideas governan, a imaxinación preside e o bo humor e a amizade lexislan. Un termo e un aplique de luz son os únicos elementos precisos para a unión dos seus membros. Os imposibles nomes dos seus compoñentes, de Glousse de Mousse a Pánico, de Rilou de Pilou a Rappael de la Guetto, son expresión da súa filosofía.

(QUIQUE ANUNCIA APLAUSOS)

MARGA PAZOS: A idea do irmanamento entre a AFP e a Comisión da festa do Termo naceu sen embargo lonxe da súa terra, nun lugar afastado da República do Termo e da Farola do Plaza –ambas inclusive-. Naceu na diáspora. Hoxe moitos membros da AFP están fora e non poden asistir en persoa, aínda que si en espírito, a este solemne acto.

Para eles vai dedicado este momento de lembranza. A Continuación, James Joyce, da AFP, dará lectura ós nomes de todos aqueles que hoxe non poden estar. De fondo, Loris Deloris, da Comisión da Festa do termo, fará a aportación musical.

(JOYCE LE OS NOMES MENTRES LORIS TOCA A GAITA)

QUIQUE MORAIS: Chegados a este punto é o momento de que tomen a palabra os representantes dos dous colectivos.

En primeiro lugar falará Pánico en representación da AFP.

(FALA PÁNICO)

MARGA PAZOS: E agora o turno da Comisión da Festa do Termo. Ten a palabra o Presidente Vitalicio, Trainy de Rainy (lese TREINI DE REINI).

(FALA O PRESI).

(MARGA ANUNCIA APLAUSOS E TRES CHANG-PAI)

QUIQUE MORAIS: Unha das expresións de ledicia da Comisión da Festa do Termo é a danza do Binco. A continuación, a comisión da Festa Do Termo executará a insigne danza, convidando ós membros da AFP a que participen, como símbolo do irmanamento.

(A COMISIÓN DO TERMO E OS MEMBROS DA AFP BAILAN A DANZA DO BINCO).

MARGA PAZOS: A continuación, o Presidente vitalicio da Festa do Termo e o usuario sobranceiro Secho intercambiarán a camiseta da Festa con James Joyce, da Asociación da Farola do Plaza.

(INTERCAMBIO DE CAMISETAS)

QUIQUE MORAIS: Imos xa rematar este acto co momento máis importante. A Comisión da Festa do Termo vai facer entrega dun obsequio á AFP que lembrará por sempre o irmanamento.

Ten a palabra GLOUSSE DE MOUSSE, da Comisión da Festa do Termo.

(GLOUSSE FALA DO OBSEQUIO. CANDO REMATA, QUIQUE ANUNCIA QUE PARA O SOLEMNE MOMENTO ADOPTARASE A POSICIÓN XERICÓ, TANTO POLOS MEMBROS DA AFP COMO OS DA COMISIÓN DA FESTA DO TERMO; GLOUSSE E JOYCE DESCUBREN O REGALO. APLAUSOS).

MARGA PAZOS: Isto foi todo, agora que a Festa do Termo e a Festa do Aplique ocupen a vosa noite. Noraboa ós membros da AFP e da Comisión da Festa do Termo.

¡VIVA A AFP!

¡VIVA A FESTA DO TERMO!

(TRES CHANG-PAIS)

FIN

FESTA DO TERMO TV (I)

Neste vídeo podemos ver a lectura do acto de Irmanamento Festa do Termo-AFP 2003. A encargada é a presidenta Marga Pazos, da TVG, acompañada por Quique Morais (Enrique Morales) de España Directo da TVE.