13 setembro 2006

CHANG-PAI perfecto!!


Publicidade que traía o pasado domingo La Voz de Galicia. Sobran os comentarios... Está claro que o rapaz morre de ganas de vir á Festa do Termo. De entrada executa unha perfecta posición Chang-pai, mellor incluso que algúns usuarios. A ver se aprendemos, aínda que sexa dos anuncios...

+ RETROSPECTER (starring Wladimir)






30 agosto 2006

Paca te clavé la estaca

"Pongamos que hablo de Padín"



Agora que Plutón non é un planeta / Agora que Galiza non ten verdín / Agora que a Novena é centenaria / Pongamos que hablo de Padín

Agora que se van os jodechinchos/ Agora que non hai Guardia Civil / Agora que Mirás se ha real-izado / Pongamos que hablo de Padín

Agora que Carregal foi exaltado/ Agora que Magdalena xa é daquí/ Agora que Rivbeira xa ten parking/ Pongamos que hablo de Padín

Agora que o Termo xa é famoso/ Agora que xa todos queren vir/ Agora que Vladimir está connosco/ Pongamos que hablo de Padín

(copipasteo de paleon.net/blog. Grazas compañeiro!)

Parecidos razonables...

Dende o Chuza propoñen o seguinte parecido razonable:



Atopa as diferenzas...

POLÉMICA !!

Máis repercusión mediática en EL CORREO GALLEGO.

28 agosto 2006

oh what a night!


Chegaron e triunfaron. Tonhito de Poi, Wladimir Dragossan e a súa inseparable moza Rosa foron protagonistas indiscutibles dunha das mellores festas do Termo da historia.

En breve, milleiros de fotos e vídeos do acontecemento neste blog. En canto curemos a resaca. Que hoxe aínda é festa!!

26 agosto 2006

TERMOLECCIÓNS. 1ª temporada - episodio 4




A termolección que todos pedían a gritos! Aquí a tedes. Agora, a demostrar que sodes bos estudiantes e apredestes a lección. Nesta XI edición da Festa do Termo... queremos ver os mellores calvos con repenique do mundo!!!

Merca a chapa oficial do Termo


Xa á venda, a chapa oficial do Termo. Edición limitada! Busca mañá aos membros da Comisión e non perdas esta oportunidade única de levar no peito ou na solapa o auténtico espíritu da Festa do Termo. E só por un euro!!!

Por outra banda, Wladimir informa de que na presentación do seu libro "Os ollos de acibeche" porá á venda dez exemplares, que poderán levar debidamente asinados polo autor os dez usuarios máis espilidos. Quen avisa...

Xa chega Wladimir!!!







A expectación é máxima! Xa só falta un día para que Wladimir amenace os pescozos de tódolos usuarios da Festa do Termo. O vampiro romántico e gótico chega mañá para inaugurar a XI edición. Preparade o allo e os crucifixos... Paca, queda na casa!! Wladimir deleitaranos a todos coa súa poesía. Mesmo recitará un poema dedicado a Ribeira! Será unha noite aterradoramente inesquecíbel...

25 agosto 2006

Nota de prensa enviada aos medios

A FESTA CELÉBRASE EN RIBEIRA OS VINDEIROS DÍAS 27 E 28 DE AGOSTO

TONHITO DE POI E WLADIMIR DRAGOSSAN INAUGURAN A XI EDICIÓN DA FESTA DO TERMO

UNHA PERFORMANCE EN HOMENAXE AO PANO DE MAN, ENTRE OS ACTOS DO PROGRAMA


República do Termo, 25 de agosto

Os vindeiros días 27 e 28 de agosto celébrase en Ribeira e na República do Termo a XI edición da Festa do Termo, que neste 2006 conmemora os dez anos do nacemento de tan sobranceiro festexo.
A Comisión da Festa do Termo asinará o domingo pola tarde un convenio co webmaster de barplaza.com para a difusión dos actos deste ano en tan visitado medio de comunicación global. Posteriormente celebrarase no Bar Plaza unha rolda de prensa coa presenza da Comisión e o Presidente. Inmediatamente despois, o polifacético músico e showman Tonhito de Poi será o encargado da lectura do pregón co que se abre oficialmente a tan “agardada festa”, segundo palabras dos seus propios usuarios.
O Bar Plaza de Ribeira acollerá un dos actos principais desta undécima edición. Rafael Pintos, o coñecido Wladimir Dragossan da televisión, regresa por segundo ano á Festa do Termo (a súa primeira visita tivera lugar no 2001), nesta ocasión para presentar o seu último libro, o poemario “Os ollos de acibeche” (Edicións do Castro). O acto será ás oito da tarde. Wladimir Dragossan estará dispoñible para entrevistas cos medios ás sete da tarde, tamén no Bar Plaza.
Algúns dos actos principais e clásicos da festa terán lugar esa noite, tales como a Tradicional Cea Termal, a maratón espida ou a entrega dos premios Termo Frío-Termo Quente. Como novidade deste ano destaca a performance-homenaxe que os membros da Comisión e os usuarios da festa brindarán ao tan habitualmente denostado e pouco valorado pano da man. A Comisión da Festa do Termo tamén se irmanará cos membros da AEP (Asociación de Amigos de Esteso e Pajares), e lembrará os grandes momentos cómicos deixados xa para a historia de España e do cinema por esta parella de xeniais actores da man do realizador Mariano Ozores.
O luns celebraranse outros momentos clásicos da Festa do Termo, entre os que sen dúbida destaca a Proclamación da República do Termo, como non, nos territorios da República do Termo (despois de Ribeira e antes de Palmeira). O lonche pelotari, o salto do seto ou a procesión marítimo-portuaria-vespertina coa lectura do manifesto termal serán outras das actividades que manterán ocupados aos membros da Comisión e aos usuarios sobranceiros e devanceiros da festa.
Nesta undécima edición da Festa do Termo sentémonos na obriga de agradecer a manisdixital.com pola súa colaboración na festa e o seu interese na súa promoción. A información do que aconteza poderá verse en festadotermo.blogspot.com. Os medios de comunicación interesados en dar conta do acontecemento poden poñerse en contacto cos seguintes membros da Comisión: Glousse (6.........) e Inclei (6.........).
CHANG-PAI WAN IN KAI !!
CHANG-PAI WAN IN KAI !!
CHANG-PAI WAN IN KAI !!
VIVA A FESTA DO TERMO !!

Deseño de Manisdixital para o Termo´06

24 agosto 2006

WLADIMIR VOLVE AO TERMO !!!

Quen non lembra a mítica noite na que Wladimir Dragossan, o vampiro de Pontevedra, visitou a Festa do Termo? Moitos aínda recordamos con nostalxia tan memorábel noite. Dende entón xa pasaron cinco anos. Se aquel día non puideches estar presente e estás arrepentido, ou se estiveches e queres repetir a experiencia, a Comisión da Festa do Termo proudly announces... WLADIMIR DRAGOSSAN REGRESA Á FESTA DO TERMO !!!

O solemne acontecemento terá lugar o vindeiro domingo día 27, primeira xornada termal do 2006. Wladimir, a.k.a. Rafael Pintos Méndez, presentará no Bar Plaza o seu último libro, "Os ollos de acibeche" (ed. do Castro). Será ás oito da tarde, como aperitivo ao que promete ser unha longa noite de festa. Non digades que non avisamos...

17 agosto 2006

REPERCUSIÓN MEDIÁTICA (e van...)

Os medios de comunicación xa se fan eco da XI edición da Festa do Termo! Así o conta hoxe EL CORREO GALLEGO. Termo Quente para Suso Souto xa!!!

16 agosto 2006

DATAS FESTA DO TERMO 2006

COMUNICADO OFICIAL

A Comisión da Festa do Termo comprácese en anunciar a tódolos usuarios sobranceiros, devanceiros e betanceiros que as datas de celebración da XI edición da Festa do Termo serán os vindeiros días 27 e 28 de agosto.

A partir de agora ábrese o proceso de elaboración do programa festivo, do que daremos boa conta neste blog. Polo tanto que ninguén quede mirando coma un parvo se ve ós membros da Comisión reunidos a torso espido nalgún establecemento hostaleiro. Estamos traballando!!!

CHANG-PAI WAN IN KAI !!!

03 agosto 2006

O Termo 2006 quece motores




O Termo do 2006 xa está aquí! Chegado directamente dende os Estados Unidos, regalo do Sr. Choriel e o mecenas 8Shadow, que na instantánea entrega este modelo auténtico "Starbucks Cofee" ós comisionados Inclei de Pinkei e Glousse de Mousse.

Permanece en liña, en breve publicaremos as datas de celebración da XI edición da Festa do Termo e o programa de actividades.

CHANG-PAI WAN IN KAI !!!

13 xullo 2006

O ATENTADO DO CENTENARIO

ESTE É O TEXTO DA CARTA QUE A EDICIÓN BARBANZA DE "LA VOZ DE GALICIA" NON QUIXO / NON PUIDO / NON SE ATREVEU A PUBLICAR:

O pasado sábado día un, na festa do Centenario, estivo a piques de suceder unha traxedia quen sabe por culpa de quen. O caso é que estando cos meus amigos e outras decenas de persoas detrás dos límites sinalados para contemplar o "espectáculo piromusical", un dos fogos de artificio non colleu dirección ó noso centenario ceo, senón que caeu xusto ós nosos pés, provocando o pánico dos que alí estabamos, caídas e queimaduras de roupa e cabelo. Afortunadamente nada máis pasou, máis puido ser unha traxedia recordable durante máis de cen anos. O peor foi a actitude do concelleiro responsable do acto, quen eludiu tal responsabilidade e descargouna na xente da pirotecnia, cando -supoño eu- non foron eles quenes elixiron o lugar tan centenariamente irresponsable para lanzar un fogos artificiais.

30 maio 2006

Disculpen a demora

Unha recente excursión a Barcelona para ver a Springsteen e para non ver ós Stones paralizou temporalmente a parte da equipa creativa e de produción das Termoleccións, cursiño audiovisual por entregas para ser un bo termeiro (nós aínda nos decantamos polo masculino neutro: imaxinádevos se temos que dicir devanceiros-devanceiras sobranceiros-sobranceiras betanceiros-betanceiras...). En breve, as novas entregas que sí entran na convocatoria de xuño dos exames finais para a Festa do Termo 2006 XI edición. Sexan comprensivos, disculpen, e GRAZAS.




Fuentes non coñecía as Termoleccións e non soubo facer o Chang-pai. Prometeu estudar duro e presentarse á convocatoria de xuño. A ver que tal lle sae o XA ESTÁ QUENTE!!...

Amo a Laura - versión chumino


Los Fuckiness - Me peto a Laura

20 maio 2006

El chou de Urdaci

Estaba claro, non podía ser certo. Todo aquelo de Cecé Oó e do Prestige non era en serio. Urdaci estábase preparando para o seu, o humor, só que era tan fino e intelectual que non o pillabamos. Aquí o temos xa realizado como o que realmente é.

17 maio 2006

07 maio 2006

Pregón do 2003

PREGÓN DA FESTA DO TERMO 2003

VIII EDICIÓN

Señor Presidente da República do Termo,

Señora Presidenta da República do Termo,

Excma. Comisión da Festa do Termo,

Estimado Senado Termal,

Querido pobo republicán,

Miñas donas, meus señores.

Este ano a Comisión da FESTA DO TERMO non pode non ver tinxida a natural e espontánea ledicia que a caracteriza por una lóxica tristura provocada polo pasamento de dous titáns da nosa cultura. Estoume a referir a D. Carlos García Bayón, ilustre cronista da vila veciña á nosa República e a D. Domingo García Sabell, expresidente a RAG e sonado medico e ensaista membro da xeración Galaxia xunto a Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega ou Xoán Rof Carballo. Para eles a nosa garimosa lembranza e o noso respetuoso silencio. Prégovos, pois, un solemne minuto de silencio.

Por favor, 3 Changuepais na súa memoria.

Pero a Comisión non pode deixarse asulargar polas bágoas que xurden libremente coma auga de Fondevila, nin pode deixarse afundir como se fose un petroleiro levado de riba para abaixo pola incompetencia culpável dos de sempre. Non, este ano a Comisión estivo sometida a incribeis presións persoais, sociais e mesmo familiares que, por un intre, nos fixeron dubidar da nosas propias forzas. Pero, aquí estamos, un ano máis dispostos a falar alto e claro, para que nos escoite quen quixer escoitar. Non calaremos, non gardaremos silencio ante as inxustizas disfrazadas de electoralismo e clientelismo que caracterizan ós nosos gobernantes. Non calaremos ante o desastre urbanístico froito da especulación e do caciquismo. Non gardaremos silencio ante a incompetencia e a soberbia de quen nos goberna.

Velaí o tedes. (Sinalando enfrente, coma Colón). Velaí o tedes. Un monolito froito do autobombo, do autoensalzamento, da soberbia. Un monolito feito para homexaear a un home que non fai o que ten que facer: administrar con equidade e xustiza o que é de todos, de todos nós, de cada un de vós. E se ainda o fixera merecería o soldo que xa cobra, pero non un monolito por facer o que debe facer.

Un monolito. Un monolito que nos convertemos na primeira homenaxe mundial a Stanley Kubrick. Un monolito que nos retrotrae á época prehistórica dos homínidos, dos primates, dos monos. Paradoxalmente esa época non parece estar tan lonxe de nós. Se non o credes, mirade o monolito. Mirade o monolito. Ule a forza a animal, a poder salvaxe, ule a oso, a “osito Gumi”.

Nós, polo contrario, non honramos a xente así. Honramos a persoeiros sobranceiros, a xente que verdadeiramente o merece. Honramos a D. Ramón. A D. Ramón Dominguez Sánchez, médico ilustre que nunca se cansou de facer ben de xeito desinteresado. De xeito desinteresando, repito. Un home ó que cáseque ninguén coñece. Un home esquecido ó que nós queremos librar dese inxusto ostracismo. ¡¡3 Chaguepais por D. Ramón¡¡

Neste pregón non podemos non facer mención ó afundimento do Prestige. Pero do chapapote xa se falou moito, por iso nós non imos engadir nada máis, pero queremos contribuir humildemente a que non se esqueza NUNCA MÁIS. Nunca Máis. Nunca Máis.

O prato forte desta oitava edición acaba de ser inaugurado hai só uns minutos. ¡¡Sr. Alcalde, cámbielle o nome á rúa General Franco!! Non gabemos a quen non merece senón desprezo, non honremos a quen non paga a pena. ¡¡Sr. Alcalde, imos en serio, fáganos caso e ata quedará ben diante da cidadanía, fáganos caso que vai sair outra vez nos telexornais!! Fáganos caso que somos boa xente e querémoslle ben. Por certo, tres chaguepais por Ben, que sempre cubre a proclamación da república. 3 Chaguepais.

Ben. Imos rematando que hai que ir indo para o acto de irmanamento coa AFP (Asociación da Farola do Praza). Pero non pdemos poñer o punto e final deste pregón sen lembrala figura do defunto Chaparrito, o mago do suspense, ó que nestes momentos máis que nunca botamos en falla porque nos gustaría que coa súa maxia fixera desaparecer do ámbito público a algúns que vos sabedes. Sen máis, pois, declaro inaugurada a oitava edición desta Festa do Termo facendo outros 3 Changuepais.

¡¡¡CHANG PAI WAN IN KAI!!!

02 maio 2006

Termoleccións. 1ª temporada - episodio 2

Nesta nova entrega do cursiño para futuros usuarios da Festa do Termo, o comisionado Glousse de Mousse ensina como facer correctamente un dos movementos fundamentais da Comisión: XA ESTÁ QUENTE !!

21 abril 2006

vacacións católicas

Glousse de Mousse, comisionado da Festa do Termo e mozo católico, demostra co exemplo como se pode conxugar con aproveitamento o ocio insular canario-vespertino coa entrega ás máis recomendábeis lecturas. Dende Lanzarote, saúda en posición Chang-Pai pola ledicia de atopar este refuxio do saber. Dende aquí, con agarimo, dedicámosche un Wan in kai.

A canción do verán

A Comisión da Festa do Termo, como asociación católica que somos, recomendamos a seguinte canción e agardamos que teña o éxito merecido este verán. Non deixes de escoitala, IM-PRES-CIN-DI-BEL !!!!

20 abril 2006

vídeo da Festa da Dorna

Á espera de máis vídeos da Festa do Termo (en breve, compañeiros!), ofrecemos este outro da Festa da Dorna feito pola peña Persebes coma Punhos.

15 abril 2006

Repercusión mediática VIII

O ano pasado algúns dábannos por mortos. Esto dicía no 2005 La Voz de Galicia:


Esta foi a carta que lle enviamos a tan respetable xornal, agradecendo o seu interese e desmentindo rumores claramente interesados (non dicimos por parte de quen) da suposta desaparición da Festa do Termo xusto no ano do seu décimo aniversario:



FESTA DO TERMO

COMISIÓN

Querido director:

Quixeramos agradecer o pulo e estímulo que nos proporcionou a columna de Mar Dopico publicada o pasado sábado día 17, na que lamentaba a ausencia da Festa do Termo. De tódolos xeitos sentímonos na obriga de corrixir o seu contido, pois en ningún momento a Festa do Termo deixou de celebrarse. Neste décimo aniversario, que onte tivo lugar na República do Termo e na veciña Ribeira, os membros da Comisión optamos por un retorno ás orixes de tan sobranceira e devanceira celebración, e fixemos da intimidade e o recollemento o noso lema (a máis das célebres verbas proferidas de xeito espontáneo-sorpresivo-vespertino pola segunda xeración de comisionados: “¿A dónde vas, papi?”).

As últimas edicións da Festa do Termo caracterizáronse pola crecente masificación e incorporación de usuarios, polo que neste décimo aniversario retomamos un dos nosos antigos lemas, “¿Que facemos coa xente?”. A máis, a Festa do Termo sempre estivo ó servizo da Comisión, non a Comisión ó servizo da Festa, polo que a flexibilidade nas datas é unha das súas características máis destacábeis.

Agradecendo por suposto a atención que o xornal lle prestou durante esta década á Festa do Termo, despedímonos agardando a vosa compaña nos vindeiros dez anos. Póñanos ós pes das súas redactoras. Un saúdo especial a Ana Gerpe e Simón Balvís.

CHANG-PAI WAN IN KAI!!!!!!

República do Termo

18 de setembro de 2005

11 abril 2006

A outra dimensión do Irmanamento


Paul Tillich e J.L. Borges: lecturas obrigatorias, símbolo do Irmanamento. Porque non todo van ser maratóns espidas... Tres chang-pais!!!

10 abril 2006

Queremos ser del Termo

Nosotras, las borgianas, queremos ser del TERMO, somos chicas muy aficionadas a la lectura de Borges, y todo lo relacionado con él, sólo nos gustan los chicos Borgianos, y sobre todo con buena poronga, para leer toda la noche...

08 abril 2006

Especial Semana Santa

Ante a carestía de vídeos termais aquí tedes un "Easter Holiday Special". Esta película é todo un alicerce inspirador da filosofía termal. Dedicado a Judas, que despois de tanto tempo limpou seu nome.

06 abril 2006

Pregón do 2005


Festa do Termo TV: lectura do pregón 2005



Un cidadán católico foi o pregoneiro da décima edición da Festa do Termo, celebrada no 2005. Foi un multitudinario acto que tivo lugar no Bar Plaza. Obsérvese como engordou o Termo despois de dez anos, o atento que está o cidadán albanokosovar, e os vanos esforzos de Glousse de Mousse por lograr unha posición Xericó multitudinaria.

04 abril 2006

Irmanamento Termo-AFP

Texto do Irmanamento 2003

A continuación ofrecémosvos o guión completo do acto de Irmanamento entre o Termo e a AFP, celebrado en 2003 e lido por Marga Pazos e Quique Morais. É o que introduce Marga no vídeo.

-----------------

SOLEMNE ACTO DE IRMANAMENTO

COMISIÓN DA FESTA DO TERMO – AFP

RIVEIRA, 11 DE AGOSTO DE 2003

(REPICHOCA GAITEIRA)

MARGA PAZOS: Estimado Sr. Alcalde, Concelleiros, Sr. Cuiña Crespo, Sr. D. Ramiro Carregal, Membros da Comisión da Festa do Termo, da Asociación da Farola do Plaza, usuarios sobranceiros, amigos da Festa do Aplique, amigos da Festa do Termo, Sr. Presidente vitalicio, Sr. Presidente da AFP, Presidenta (eu), curiosos varios, moi boas noites e benvidos todos a este solemne acto que marcará o comenzo dun camiño compartido da man dos dous colectivos máis destacábeis das proximidades da veciña Riveira.

Hoxe, A Comisión da Festa do Termo, organizadora da Festa do Termo que este ano acada a súa oitava edición, e a Asociación da Farola do Plaza, organizadora da Festa do Aplique, este ano na súa terceira edición, celebran con este acto o seu irmanamento.

(MARGA ANUNCIA APLAUSOS e TRES CHANG-PAI)

QUIQUE MORAIS: Un irmanamento é ante todo un acto de alegría e de felicidade, a ledicia de dous irmáns que queren comparti-lo moito que teñen en común.

A Farola do Plaza, perante a que nos encontramos, exemplifica unha das características máis destacables que a AFP e a Comisión da Festa do Termo comparten, un espacio terrorial propio, esta insigne farola no caso da AFP, a República do Termo no caso da Festa do Termo.

Pero non son só as fronteiras as que fan que os dous grupos se atopen hoxe no camiño. Tanto na AFP como a Comisión da Festa do Termo as ideas governan, a imaxinación preside e o bo humor e a amizade lexislan. Un termo e un aplique de luz son os únicos elementos precisos para a unión dos seus membros. Os imposibles nomes dos seus compoñentes, de Glousse de Mousse a Pánico, de Rilou de Pilou a Rappael de la Guetto, son expresión da súa filosofía.

(QUIQUE ANUNCIA APLAUSOS)

MARGA PAZOS: A idea do irmanamento entre a AFP e a Comisión da festa do Termo naceu sen embargo lonxe da súa terra, nun lugar afastado da República do Termo e da Farola do Plaza –ambas inclusive-. Naceu na diáspora. Hoxe moitos membros da AFP están fora e non poden asistir en persoa, aínda que si en espírito, a este solemne acto.

Para eles vai dedicado este momento de lembranza. A Continuación, James Joyce, da AFP, dará lectura ós nomes de todos aqueles que hoxe non poden estar. De fondo, Loris Deloris, da Comisión da Festa do termo, fará a aportación musical.

(JOYCE LE OS NOMES MENTRES LORIS TOCA A GAITA)

QUIQUE MORAIS: Chegados a este punto é o momento de que tomen a palabra os representantes dos dous colectivos.

En primeiro lugar falará Pánico en representación da AFP.

(FALA PÁNICO)

MARGA PAZOS: E agora o turno da Comisión da Festa do Termo. Ten a palabra o Presidente Vitalicio, Trainy de Rainy (lese TREINI DE REINI).

(FALA O PRESI).

(MARGA ANUNCIA APLAUSOS E TRES CHANG-PAI)

QUIQUE MORAIS: Unha das expresións de ledicia da Comisión da Festa do Termo é a danza do Binco. A continuación, a comisión da Festa Do Termo executará a insigne danza, convidando ós membros da AFP a que participen, como símbolo do irmanamento.

(A COMISIÓN DO TERMO E OS MEMBROS DA AFP BAILAN A DANZA DO BINCO).

MARGA PAZOS: A continuación, o Presidente vitalicio da Festa do Termo e o usuario sobranceiro Secho intercambiarán a camiseta da Festa con James Joyce, da Asociación da Farola do Plaza.

(INTERCAMBIO DE CAMISETAS)

QUIQUE MORAIS: Imos xa rematar este acto co momento máis importante. A Comisión da Festa do Termo vai facer entrega dun obsequio á AFP que lembrará por sempre o irmanamento.

Ten a palabra GLOUSSE DE MOUSSE, da Comisión da Festa do Termo.

(GLOUSSE FALA DO OBSEQUIO. CANDO REMATA, QUIQUE ANUNCIA QUE PARA O SOLEMNE MOMENTO ADOPTARASE A POSICIÓN XERICÓ, TANTO POLOS MEMBROS DA AFP COMO OS DA COMISIÓN DA FESTA DO TERMO; GLOUSSE E JOYCE DESCUBREN O REGALO. APLAUSOS).

MARGA PAZOS: Isto foi todo, agora que a Festa do Termo e a Festa do Aplique ocupen a vosa noite. Noraboa ós membros da AFP e da Comisión da Festa do Termo.

¡VIVA A AFP!

¡VIVA A FESTA DO TERMO!

(TRES CHANG-PAIS)

FIN

FESTA DO TERMO TV (I)

Neste vídeo podemos ver a lectura do acto de Irmanamento Festa do Termo-AFP 2003. A encargada é a presidenta Marga Pazos, da TVG, acompañada por Quique Morais (Enrique Morales) de España Directo da TVE.

31 marzo 2006

resultados enquisa

(votos / porcentaxe)
Rilou de Pilou
122 / 30%
Shauloo de Gauloo
82 / 20%
Loris Deloris
80 / 20%
Lars de Mars
41 / 10%
Trainy de Rainy
33 / 8%
Inclei de Pinkei
24 / 6%
Glousse de Mousse
14 / 3%

Total votos: 396

30 marzo 2006

Josefa presidenta... capítulo II

"Reafírmome no dito." INCLEI DE PINKEI

A pista do ano no que foi presidenta ben puidera estar nesta foto co Presidente vitalicio Trainy de Rainy.

Josefa presidenta ¡FRÓTAME!


Preparando o "TERMO 2003" no transcurso da "DORNA 2003".
Alguén lembra en que edición da FESTA DO TERMO foi Josefa a presidenta?

23 marzo 2006

O Termo do 2006

Regalo do Presidente da AFP, Sr. Choriel. Auténtico modelo Starbucks Coffee! A Comisión da Festa do Termo agradece públicamente o obsequio, o interese e o cariño amosado por este querido amigo da Festa do Termo. Grazas, e... tres chang-pai para o presidente Choriel !!!

Por certo, tamén queremos sumarnos ó centenario...
FELICES CEN ANOS !!!

...e que veñan outros cen cargados de éxitos.

18 marzo 2006

Salto do seto

Salto do seto, deporte oficial da República do Termo. De exhibición nos vindeiros Xogos Olímpicos de Pequín, onde tamén debutará oficialmente o lanzamento de chancla.

17 marzo 2006

O TERMO, SEMPRE POR DIANTE

Unha vez máis, a Festa do Termo demostra que vai por diante. Extraído de "El Correo Gallego" de hoxe:

Carta de Torres al monarca
El alcalde, José Luis Torres, envió una carta a la Casa Real invitando al rey Juan Carlos I a presidir alguno de los actos del centenario que se celebrarán a lo largo de todo el año.

(texto íntegro da nova AQUÍ)
De onde chegará a inspiración do concello, mmmmm? Investigaremoxxx!!!

14 marzo 2006

ASUNTO: CENTENARIAZO

COIDO QUE ESTAS FACETAS DE PROPOÑER FILLOS ADOPTIVOS E ILUSTRES E UNHA
LABOURA PROPRIA DO TERMO, E NON DOS DISTINTOS COLECTIVOS POLITICOS,
AOS CALES "SE LE VE EL PLUMERO".

SOLO UNHA ASOCIACION, INDEPENDIENTE, SIN ANIMO DE LUCRO, APOLITICA,
CON IMAXINACION, E SOBRE TODO, CON TERRITORIO PROPRIO, DEBERIA SER
QUEN ENCAUZARA ESTE TIPO DE "CODILLOS", OU EN ULTIMO TERMO, O COMITE
DE SABIOS DA AFP, PERO O RESTO DEBEN ESTAR CALADOS.

James Joyce


A AFP ten que subir á palestra.
O comité de Sabios da AFP é o único que ten jalóns sufisientes pra faser fillos; adoptivos, predilectos ou pródijos. Temos que faserlle chejar unha nota ao pleno munisipal explicando a obviedade de porqué non poden ser eles os que escollan, para non darlle un motivo máis para faser "colloada".
Sempre que queiran manter a mangueira dereita, sin codillos, deben elexir os que saben. Os sabios.

Raphael de la Guetto

11 marzo 2006

Fans

...unha das moitas orquestras que se pelexan cada verán por actuar na Festa do Termo.

07 marzo 2006

A Pedra das Cabras

No acto de Irmanamento celebrado entre a Comisión da Festa do Termo e a AFP aló polo ano 2003, obsequiamos ós nosos novos irmáns con esta xoia que aínda hoxe acompaña á farola que da nome á súa asociación: unha réplica perfecta da Pedra das Cabras, coa lenda "Termo - AFP 2003" acompañando ós prehistóricos debuxos que dan sona mundial a tan apreciada con. Na foto, Glousse de Mousse mostra o seu respeto ó agasallo en obrigada posición chang-pai.

04 marzo 2006

International Chang-Pai

Un rumano, un chino, un guatemalteco, un arxentino e un cidadán da República do Termo (xentilicio por determinar). É coma un chiste...