13 xullo 2006

O ATENTADO DO CENTENARIO

ESTE É O TEXTO DA CARTA QUE A EDICIÓN BARBANZA DE "LA VOZ DE GALICIA" NON QUIXO / NON PUIDO / NON SE ATREVEU A PUBLICAR:

O pasado sábado día un, na festa do Centenario, estivo a piques de suceder unha traxedia quen sabe por culpa de quen. O caso é que estando cos meus amigos e outras decenas de persoas detrás dos límites sinalados para contemplar o "espectáculo piromusical", un dos fogos de artificio non colleu dirección ó noso centenario ceo, senón que caeu xusto ós nosos pés, provocando o pánico dos que alí estabamos, caídas e queimaduras de roupa e cabelo. Afortunadamente nada máis pasou, máis puido ser unha traxedia recordable durante máis de cen anos. O peor foi a actitude do concelleiro responsable do acto, quen eludiu tal responsabilidade e descargouna na xente da pirotecnia, cando -supoño eu- non foron eles quenes elixiron o lugar tan centenariamente irresponsable para lanzar un fogos artificiais.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Térmicos, non por meter presión, pero para cando a festa do termo deste ano.

Paleón

Anónimo dixo...

Térmicos e Dorneiros: Eu tampouco quero meter presión, pero sí que me justaría saber cando vai ser, e si pudera ser o finde do onse ó trese de ajosto xa fasíamola festa completa, xa que me perdín a Dorna....teño janas de baila-lo baile don binco....ala, ahí queda eso, que por pedir que non quede, por sierrrrrto....a ver si escribides aljo máis a cotío, porqueeeeee.