23 agosto 2007
LA CEREMONIA !!!
Vídeo IM-PRES-CIN-DÍ-BEL, que non sei por que carallo non me deixa "embedar" aquí...
08 agosto 2007
11 xullo 2007
Proposta de pregoeiro
O presidente vitalicio Trainy de Rainy propón ao seguinte nacho como pregoeiro deste ano. O seu monólogo ben puidera ser unha conferencia termal: dende A Estrada chega... o fuch fuch !!!!
01 febreiro 2007
CHANG-PAI no NEW YORK TIMES !!!!
A edición española do New York Times que publica El País sorprendíanos a semana pasada coa proba de como o Chang-Pai está penetrando en lugares e terreos do máis insospeitados, neste caso, coma fonte de inspiración de artistas contemporáneos chineses. Ollo ao detalle do nome do fotógrafo!! Nós xa encargamos unha destas estatuas, a ver se non chega rota...

22 xaneiro 2007
ESPECULACIÓN URBANÍSTICA NA REPÚBLICA !!!!
A forza do ladrillo chegou á República do Termo, sen respeto á súa soberanía. Unha constructora anuncia a edificación nos nosos terreos sen recibir a Comisión da Festa do Termo ningún tipo de solicitude de permiso, estudio previo, soborno, etc. Isto é unha aldraxe que non se pode consentir!!!! Temos que unirnos e loitar, e se conseguimos que o LIDL afundira por non pagar na República o Imposto de Actividade Empresarial nin o alugueiro, xuntos poderemos botar abaixo estas edificacións claramente ilegais!!
Esta é a nosa República a día de hoxe. A ver como no-la deixan...
14 xaneiro 2007
13 xaneiro 2007
UNHA GRAN COMUNICADORA
15 setembro 2006
13 setembro 2006
CHANG-PAI perfecto!!
30 agosto 2006
"Pongamos que hablo de Padín"
Agora que Plutón non é un planeta / Agora que Galiza non ten verdín / Agora que a Novena é centenaria / Pongamos que hablo de Padín
Agora que se van os jodechinchos/ Agora que non hai Guardia Civil / Agora que Mirás se ha real-izado / Pongamos que hablo de Padín
Agora que Carregal foi exaltado/ Agora que Magdalena xa é daquí/ Agora que Rivbeira xa ten parking/ Pongamos que hablo de Padín
Agora que o Termo xa é famoso/ Agora que xa todos queren vir/ Agora que Vladimir está connosco/ Pongamos que hablo de Padín
(copipasteo de paleon.net/blog. Grazas compañeiro!)
28 agosto 2006
oh what a night!
27 agosto 2006
26 agosto 2006
TERMOLECCIÓNS. 1ª temporada - episodio 4
A termolección que todos pedían a gritos! Aquí a tedes. Agora, a demostrar que sodes bos estudiantes e apredestes a lección. Nesta XI edición da Festa do Termo... queremos ver os mellores calvos con repenique do mundo!!!
Merca a chapa oficial do Termo

Xa á venda, a chapa oficial do Termo. Edición limitada! Busca mañá aos membros da Comisión e non perdas esta oportunidade única de levar no peito ou na solapa o auténtico espíritu da Festa do Termo. E só por un euro!!!
Por outra banda, Wladimir informa de que na presentación do seu libro "Os ollos de acibeche" porá á venda dez exemplares, que poderán levar debidamente asinados polo autor os dez usuarios máis espilidos. Quen avisa...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












