29 outubro 2005

Grazas, Paleón

A bitácora de Paleón recolleu onte o nacemento deste blog co excelente criterio de amosar un dos milleiros de documentos dos nosos arquivos, neste caso a felicitación chegada dende a Casa Real do Estado veciño da nosa República. Se a queredes ver pinchade no enlace de arriba. Nós aínda lembramos con agarimo a Proclamación deste décimo aniversario da Festa do Termo e o acto de Irmanamento con Altofalante.

E grazas tamén, como non, ó Bar Plaza polo enlace. En breve poderedes ver nesta bitácora imaxes do Irmanamento coa AFP, da que foi testemuña impertérrita a reprodución da Pedra das Cabras que aínda hoxe contempla o pasar da historia e o baixar dos cubatas dende o pé da farola de tan insigne establecemento hostaleiro.