30 maio 2006

Disculpen a demora

Unha recente excursión a Barcelona para ver a Springsteen e para non ver ós Stones paralizou temporalmente a parte da equipa creativa e de produción das Termoleccións, cursiño audiovisual por entregas para ser un bo termeiro (nós aínda nos decantamos polo masculino neutro: imaxinádevos se temos que dicir devanceiros-devanceiras sobranceiros-sobranceiras betanceiros-betanceiras...). En breve, as novas entregas que sí entran na convocatoria de xuño dos exames finais para a Festa do Termo 2006 XI edición. Sexan comprensivos, disculpen, e GRAZAS.




Fuentes non coñecía as Termoleccións e non soubo facer o Chang-pai. Prometeu estudar duro e presentarse á convocatoria de xuño. A ver que tal lle sae o XA ESTÁ QUENTE!!...

Amo a Laura - versión chumino


Los Fuckiness - Me peto a Laura

20 maio 2006

El chou de Urdaci

Estaba claro, non podía ser certo. Todo aquelo de Cecé Oó e do Prestige non era en serio. Urdaci estábase preparando para o seu, o humor, só que era tan fino e intelectual que non o pillabamos. Aquí o temos xa realizado como o que realmente é.

17 maio 2006

07 maio 2006

Pregón do 2003

PREGÓN DA FESTA DO TERMO 2003

VIII EDICIÓN

Señor Presidente da República do Termo,

Señora Presidenta da República do Termo,

Excma. Comisión da Festa do Termo,

Estimado Senado Termal,

Querido pobo republicán,

Miñas donas, meus señores.

Este ano a Comisión da FESTA DO TERMO non pode non ver tinxida a natural e espontánea ledicia que a caracteriza por una lóxica tristura provocada polo pasamento de dous titáns da nosa cultura. Estoume a referir a D. Carlos García Bayón, ilustre cronista da vila veciña á nosa República e a D. Domingo García Sabell, expresidente a RAG e sonado medico e ensaista membro da xeración Galaxia xunto a Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega ou Xoán Rof Carballo. Para eles a nosa garimosa lembranza e o noso respetuoso silencio. Prégovos, pois, un solemne minuto de silencio.

Por favor, 3 Changuepais na súa memoria.

Pero a Comisión non pode deixarse asulargar polas bágoas que xurden libremente coma auga de Fondevila, nin pode deixarse afundir como se fose un petroleiro levado de riba para abaixo pola incompetencia culpável dos de sempre. Non, este ano a Comisión estivo sometida a incribeis presións persoais, sociais e mesmo familiares que, por un intre, nos fixeron dubidar da nosas propias forzas. Pero, aquí estamos, un ano máis dispostos a falar alto e claro, para que nos escoite quen quixer escoitar. Non calaremos, non gardaremos silencio ante as inxustizas disfrazadas de electoralismo e clientelismo que caracterizan ós nosos gobernantes. Non calaremos ante o desastre urbanístico froito da especulación e do caciquismo. Non gardaremos silencio ante a incompetencia e a soberbia de quen nos goberna.

Velaí o tedes. (Sinalando enfrente, coma Colón). Velaí o tedes. Un monolito froito do autobombo, do autoensalzamento, da soberbia. Un monolito feito para homexaear a un home que non fai o que ten que facer: administrar con equidade e xustiza o que é de todos, de todos nós, de cada un de vós. E se ainda o fixera merecería o soldo que xa cobra, pero non un monolito por facer o que debe facer.

Un monolito. Un monolito que nos convertemos na primeira homenaxe mundial a Stanley Kubrick. Un monolito que nos retrotrae á época prehistórica dos homínidos, dos primates, dos monos. Paradoxalmente esa época non parece estar tan lonxe de nós. Se non o credes, mirade o monolito. Mirade o monolito. Ule a forza a animal, a poder salvaxe, ule a oso, a “osito Gumi”.

Nós, polo contrario, non honramos a xente así. Honramos a persoeiros sobranceiros, a xente que verdadeiramente o merece. Honramos a D. Ramón. A D. Ramón Dominguez Sánchez, médico ilustre que nunca se cansou de facer ben de xeito desinteresado. De xeito desinteresando, repito. Un home ó que cáseque ninguén coñece. Un home esquecido ó que nós queremos librar dese inxusto ostracismo. ¡¡3 Chaguepais por D. Ramón¡¡

Neste pregón non podemos non facer mención ó afundimento do Prestige. Pero do chapapote xa se falou moito, por iso nós non imos engadir nada máis, pero queremos contribuir humildemente a que non se esqueza NUNCA MÁIS. Nunca Máis. Nunca Máis.

O prato forte desta oitava edición acaba de ser inaugurado hai só uns minutos. ¡¡Sr. Alcalde, cámbielle o nome á rúa General Franco!! Non gabemos a quen non merece senón desprezo, non honremos a quen non paga a pena. ¡¡Sr. Alcalde, imos en serio, fáganos caso e ata quedará ben diante da cidadanía, fáganos caso que vai sair outra vez nos telexornais!! Fáganos caso que somos boa xente e querémoslle ben. Por certo, tres chaguepais por Ben, que sempre cubre a proclamación da república. 3 Chaguepais.

Ben. Imos rematando que hai que ir indo para o acto de irmanamento coa AFP (Asociación da Farola do Praza). Pero non pdemos poñer o punto e final deste pregón sen lembrala figura do defunto Chaparrito, o mago do suspense, ó que nestes momentos máis que nunca botamos en falla porque nos gustaría que coa súa maxia fixera desaparecer do ámbito público a algúns que vos sabedes. Sen máis, pois, declaro inaugurada a oitava edición desta Festa do Termo facendo outros 3 Changuepais.

¡¡¡CHANG PAI WAN IN KAI!!!

02 maio 2006

Termoleccións. 1ª temporada - episodio 2

Nesta nova entrega do cursiño para futuros usuarios da Festa do Termo, o comisionado Glousse de Mousse ensina como facer correctamente un dos movementos fundamentais da Comisión: XA ESTÁ QUENTE !!