31 marzo 2006

resultados enquisa

(votos / porcentaxe)
Rilou de Pilou
122 / 30%
Shauloo de Gauloo
82 / 20%
Loris Deloris
80 / 20%
Lars de Mars
41 / 10%
Trainy de Rainy
33 / 8%
Inclei de Pinkei
24 / 6%
Glousse de Mousse
14 / 3%

Total votos: 396

30 marzo 2006

Josefa presidenta... capítulo II

"Reafírmome no dito." INCLEI DE PINKEI

A pista do ano no que foi presidenta ben puidera estar nesta foto co Presidente vitalicio Trainy de Rainy.

Josefa presidenta ¡FRÓTAME!


Preparando o "TERMO 2003" no transcurso da "DORNA 2003".
Alguén lembra en que edición da FESTA DO TERMO foi Josefa a presidenta?

23 marzo 2006

O Termo do 2006

Regalo do Presidente da AFP, Sr. Choriel. Auténtico modelo Starbucks Coffee! A Comisión da Festa do Termo agradece públicamente o obsequio, o interese e o cariño amosado por este querido amigo da Festa do Termo. Grazas, e... tres chang-pai para o presidente Choriel !!!

Por certo, tamén queremos sumarnos ó centenario...
FELICES CEN ANOS !!!

...e que veñan outros cen cargados de éxitos.

18 marzo 2006

Salto do seto

Salto do seto, deporte oficial da República do Termo. De exhibición nos vindeiros Xogos Olímpicos de Pequín, onde tamén debutará oficialmente o lanzamento de chancla.

17 marzo 2006

O TERMO, SEMPRE POR DIANTE

Unha vez máis, a Festa do Termo demostra que vai por diante. Extraído de "El Correo Gallego" de hoxe:

Carta de Torres al monarca
El alcalde, José Luis Torres, envió una carta a la Casa Real invitando al rey Juan Carlos I a presidir alguno de los actos del centenario que se celebrarán a lo largo de todo el año.

(texto íntegro da nova AQUÍ)
De onde chegará a inspiración do concello, mmmmm? Investigaremoxxx!!!

14 marzo 2006

ASUNTO: CENTENARIAZO

COIDO QUE ESTAS FACETAS DE PROPOÑER FILLOS ADOPTIVOS E ILUSTRES E UNHA
LABOURA PROPRIA DO TERMO, E NON DOS DISTINTOS COLECTIVOS POLITICOS,
AOS CALES "SE LE VE EL PLUMERO".

SOLO UNHA ASOCIACION, INDEPENDIENTE, SIN ANIMO DE LUCRO, APOLITICA,
CON IMAXINACION, E SOBRE TODO, CON TERRITORIO PROPRIO, DEBERIA SER
QUEN ENCAUZARA ESTE TIPO DE "CODILLOS", OU EN ULTIMO TERMO, O COMITE
DE SABIOS DA AFP, PERO O RESTO DEBEN ESTAR CALADOS.

James Joyce


A AFP ten que subir á palestra.
O comité de Sabios da AFP é o único que ten jalóns sufisientes pra faser fillos; adoptivos, predilectos ou pródijos. Temos que faserlle chejar unha nota ao pleno munisipal explicando a obviedade de porqué non poden ser eles os que escollan, para non darlle un motivo máis para faser "colloada".
Sempre que queiran manter a mangueira dereita, sin codillos, deben elexir os que saben. Os sabios.

Raphael de la Guetto

11 marzo 2006

Fans

...unha das moitas orquestras que se pelexan cada verán por actuar na Festa do Termo.

07 marzo 2006

A Pedra das Cabras

No acto de Irmanamento celebrado entre a Comisión da Festa do Termo e a AFP aló polo ano 2003, obsequiamos ós nosos novos irmáns con esta xoia que aínda hoxe acompaña á farola que da nome á súa asociación: unha réplica perfecta da Pedra das Cabras, coa lenda "Termo - AFP 2003" acompañando ós prehistóricos debuxos que dan sona mundial a tan apreciada con. Na foto, Glousse de Mousse mostra o seu respeto ó agasallo en obrigada posición chang-pai.

04 marzo 2006

International Chang-Pai

Un rumano, un chino, un guatemalteco, un arxentino e un cidadán da República do Termo (xentilicio por determinar). É coma un chiste...

02 marzo 2006

Repercusión mediática (chapter V)

No décimo aniversario non puxeron foto na edición dixital, aínda que si na de papel. De calquera xeito, as sobranceiras, devanceiras e betanceiras verbas de Ana Gerpe son canda menos emocionantes. Pincha aquí...

décimo aniversario da Festa do Termo na Voz de Galicia

Logo

Foi o que nos fixo Xabier Seco de ManisDixital e que causou admiración en toda a República do Termo. Expresión artística termeira elevada á enésima potencia, espíritu termal reflectido coma nunca, todo un achádego visual.