30 agosto 2006

Paca te clavé la estaca

"Pongamos que hablo de Padín"



Agora que Plutón non é un planeta / Agora que Galiza non ten verdín / Agora que a Novena é centenaria / Pongamos que hablo de Padín

Agora que se van os jodechinchos/ Agora que non hai Guardia Civil / Agora que Mirás se ha real-izado / Pongamos que hablo de Padín

Agora que Carregal foi exaltado/ Agora que Magdalena xa é daquí/ Agora que Rivbeira xa ten parking/ Pongamos que hablo de Padín

Agora que o Termo xa é famoso/ Agora que xa todos queren vir/ Agora que Vladimir está connosco/ Pongamos que hablo de Padín

(copipasteo de paleon.net/blog. Grazas compañeiro!)

Parecidos razonables...

Dende o Chuza propoñen o seguinte parecido razonable:



Atopa as diferenzas...

POLÉMICA !!

Máis repercusión mediática en EL CORREO GALLEGO.

28 agosto 2006

oh what a night!


Chegaron e triunfaron. Tonhito de Poi, Wladimir Dragossan e a súa inseparable moza Rosa foron protagonistas indiscutibles dunha das mellores festas do Termo da historia.

En breve, milleiros de fotos e vídeos do acontecemento neste blog. En canto curemos a resaca. Que hoxe aínda é festa!!

26 agosto 2006

TERMOLECCIÓNS. 1ª temporada - episodio 4




A termolección que todos pedían a gritos! Aquí a tedes. Agora, a demostrar que sodes bos estudiantes e apredestes a lección. Nesta XI edición da Festa do Termo... queremos ver os mellores calvos con repenique do mundo!!!

Merca a chapa oficial do Termo


Xa á venda, a chapa oficial do Termo. Edición limitada! Busca mañá aos membros da Comisión e non perdas esta oportunidade única de levar no peito ou na solapa o auténtico espíritu da Festa do Termo. E só por un euro!!!

Por outra banda, Wladimir informa de que na presentación do seu libro "Os ollos de acibeche" porá á venda dez exemplares, que poderán levar debidamente asinados polo autor os dez usuarios máis espilidos. Quen avisa...

Xa chega Wladimir!!!







A expectación é máxima! Xa só falta un día para que Wladimir amenace os pescozos de tódolos usuarios da Festa do Termo. O vampiro romántico e gótico chega mañá para inaugurar a XI edición. Preparade o allo e os crucifixos... Paca, queda na casa!! Wladimir deleitaranos a todos coa súa poesía. Mesmo recitará un poema dedicado a Ribeira! Será unha noite aterradoramente inesquecíbel...

25 agosto 2006

Nota de prensa enviada aos medios

A FESTA CELÉBRASE EN RIBEIRA OS VINDEIROS DÍAS 27 E 28 DE AGOSTO

TONHITO DE POI E WLADIMIR DRAGOSSAN INAUGURAN A XI EDICIÓN DA FESTA DO TERMO

UNHA PERFORMANCE EN HOMENAXE AO PANO DE MAN, ENTRE OS ACTOS DO PROGRAMA


República do Termo, 25 de agosto

Os vindeiros días 27 e 28 de agosto celébrase en Ribeira e na República do Termo a XI edición da Festa do Termo, que neste 2006 conmemora os dez anos do nacemento de tan sobranceiro festexo.
A Comisión da Festa do Termo asinará o domingo pola tarde un convenio co webmaster de barplaza.com para a difusión dos actos deste ano en tan visitado medio de comunicación global. Posteriormente celebrarase no Bar Plaza unha rolda de prensa coa presenza da Comisión e o Presidente. Inmediatamente despois, o polifacético músico e showman Tonhito de Poi será o encargado da lectura do pregón co que se abre oficialmente a tan “agardada festa”, segundo palabras dos seus propios usuarios.
O Bar Plaza de Ribeira acollerá un dos actos principais desta undécima edición. Rafael Pintos, o coñecido Wladimir Dragossan da televisión, regresa por segundo ano á Festa do Termo (a súa primeira visita tivera lugar no 2001), nesta ocasión para presentar o seu último libro, o poemario “Os ollos de acibeche” (Edicións do Castro). O acto será ás oito da tarde. Wladimir Dragossan estará dispoñible para entrevistas cos medios ás sete da tarde, tamén no Bar Plaza.
Algúns dos actos principais e clásicos da festa terán lugar esa noite, tales como a Tradicional Cea Termal, a maratón espida ou a entrega dos premios Termo Frío-Termo Quente. Como novidade deste ano destaca a performance-homenaxe que os membros da Comisión e os usuarios da festa brindarán ao tan habitualmente denostado e pouco valorado pano da man. A Comisión da Festa do Termo tamén se irmanará cos membros da AEP (Asociación de Amigos de Esteso e Pajares), e lembrará os grandes momentos cómicos deixados xa para a historia de España e do cinema por esta parella de xeniais actores da man do realizador Mariano Ozores.
O luns celebraranse outros momentos clásicos da Festa do Termo, entre os que sen dúbida destaca a Proclamación da República do Termo, como non, nos territorios da República do Termo (despois de Ribeira e antes de Palmeira). O lonche pelotari, o salto do seto ou a procesión marítimo-portuaria-vespertina coa lectura do manifesto termal serán outras das actividades que manterán ocupados aos membros da Comisión e aos usuarios sobranceiros e devanceiros da festa.
Nesta undécima edición da Festa do Termo sentémonos na obriga de agradecer a manisdixital.com pola súa colaboración na festa e o seu interese na súa promoción. A información do que aconteza poderá verse en festadotermo.blogspot.com. Os medios de comunicación interesados en dar conta do acontecemento poden poñerse en contacto cos seguintes membros da Comisión: Glousse (6.........) e Inclei (6.........).
CHANG-PAI WAN IN KAI !!
CHANG-PAI WAN IN KAI !!
CHANG-PAI WAN IN KAI !!
VIVA A FESTA DO TERMO !!

Deseño de Manisdixital para o Termo´06

24 agosto 2006

WLADIMIR VOLVE AO TERMO !!!

Quen non lembra a mítica noite na que Wladimir Dragossan, o vampiro de Pontevedra, visitou a Festa do Termo? Moitos aínda recordamos con nostalxia tan memorábel noite. Dende entón xa pasaron cinco anos. Se aquel día non puideches estar presente e estás arrepentido, ou se estiveches e queres repetir a experiencia, a Comisión da Festa do Termo proudly announces... WLADIMIR DRAGOSSAN REGRESA Á FESTA DO TERMO !!!

O solemne acontecemento terá lugar o vindeiro domingo día 27, primeira xornada termal do 2006. Wladimir, a.k.a. Rafael Pintos Méndez, presentará no Bar Plaza o seu último libro, "Os ollos de acibeche" (ed. do Castro). Será ás oito da tarde, como aperitivo ao que promete ser unha longa noite de festa. Non digades que non avisamos...

17 agosto 2006

REPERCUSIÓN MEDIÁTICA (e van...)

Os medios de comunicación xa se fan eco da XI edición da Festa do Termo! Así o conta hoxe EL CORREO GALLEGO. Termo Quente para Suso Souto xa!!!

16 agosto 2006

DATAS FESTA DO TERMO 2006

COMUNICADO OFICIAL

A Comisión da Festa do Termo comprácese en anunciar a tódolos usuarios sobranceiros, devanceiros e betanceiros que as datas de celebración da XI edición da Festa do Termo serán os vindeiros días 27 e 28 de agosto.

A partir de agora ábrese o proceso de elaboración do programa festivo, do que daremos boa conta neste blog. Polo tanto que ninguén quede mirando coma un parvo se ve ós membros da Comisión reunidos a torso espido nalgún establecemento hostaleiro. Estamos traballando!!!

CHANG-PAI WAN IN KAI !!!

03 agosto 2006

O Termo 2006 quece motores




O Termo do 2006 xa está aquí! Chegado directamente dende os Estados Unidos, regalo do Sr. Choriel e o mecenas 8Shadow, que na instantánea entrega este modelo auténtico "Starbucks Cofee" ós comisionados Inclei de Pinkei e Glousse de Mousse.

Permanece en liña, en breve publicaremos as datas de celebración da XI edición da Festa do Termo e o programa de actividades.

CHANG-PAI WAN IN KAI !!!

13 xullo 2006

O ATENTADO DO CENTENARIO

ESTE É O TEXTO DA CARTA QUE A EDICIÓN BARBANZA DE "LA VOZ DE GALICIA" NON QUIXO / NON PUIDO / NON SE ATREVEU A PUBLICAR:

O pasado sábado día un, na festa do Centenario, estivo a piques de suceder unha traxedia quen sabe por culpa de quen. O caso é que estando cos meus amigos e outras decenas de persoas detrás dos límites sinalados para contemplar o "espectáculo piromusical", un dos fogos de artificio non colleu dirección ó noso centenario ceo, senón que caeu xusto ós nosos pés, provocando o pánico dos que alí estabamos, caídas e queimaduras de roupa e cabelo. Afortunadamente nada máis pasou, máis puido ser unha traxedia recordable durante máis de cen anos. O peor foi a actitude do concelleiro responsable do acto, quen eludiu tal responsabilidade e descargouna na xente da pirotecnia, cando -supoño eu- non foron eles quenes elixiron o lugar tan centenariamente irresponsable para lanzar un fogos artificiais.

30 maio 2006

Disculpen a demora

Unha recente excursión a Barcelona para ver a Springsteen e para non ver ós Stones paralizou temporalmente a parte da equipa creativa e de produción das Termoleccións, cursiño audiovisual por entregas para ser un bo termeiro (nós aínda nos decantamos polo masculino neutro: imaxinádevos se temos que dicir devanceiros-devanceiras sobranceiros-sobranceiras betanceiros-betanceiras...). En breve, as novas entregas que sí entran na convocatoria de xuño dos exames finais para a Festa do Termo 2006 XI edición. Sexan comprensivos, disculpen, e GRAZAS.




Fuentes non coñecía as Termoleccións e non soubo facer o Chang-pai. Prometeu estudar duro e presentarse á convocatoria de xuño. A ver que tal lle sae o XA ESTÁ QUENTE!!...

Amo a Laura - versión chumino


Los Fuckiness - Me peto a Laura

20 maio 2006

El chou de Urdaci

Estaba claro, non podía ser certo. Todo aquelo de Cecé Oó e do Prestige non era en serio. Urdaci estábase preparando para o seu, o humor, só que era tan fino e intelectual que non o pillabamos. Aquí o temos xa realizado como o que realmente é.