11 xullo 2007

Proposta de pregoeiro

O presidente vitalicio Trainy de Rainy propón ao seguinte nacho como pregoeiro deste ano. O seu monólogo ben puidera ser unha conferencia termal: dende A Estrada chega... o fuch fuch !!!!


01 febreiro 2007

O CARRABOUXO, por Xosé Lois


CHANG-PAI no NEW YORK TIMES !!!!



A edición española do New York Times que publica El País sorprendíanos a semana pasada coa proba de como o Chang-Pai está penetrando en lugares e terreos do máis insospeitados, neste caso, coma fonte de inspiración de artistas contemporáneos chineses. Ollo ao detalle do nome do fotógrafo!! Nós xa encargamos unha destas estatuas, a ver se non chega rota...







22 xaneiro 2007

ESPECULACIÓN URBANÍSTICA NA REPÚBLICA !!!!

A forza do ladrillo chegou á República do Termo, sen respeto á súa soberanía. Unha constructora anuncia a edificación nos nosos terreos sen recibir a Comisión da Festa do Termo ningún tipo de solicitude de permiso, estudio previo, soborno, etc. Isto é unha aldraxe que non se pode consentir!!!! Temos que unirnos e loitar, e se conseguimos que o LIDL afundira por non pagar na República o Imposto de Actividade Empresarial nin o alugueiro, xuntos poderemos botar abaixo estas edificacións claramente ilegais!!Esta é a nosa República a día de hoxe. A ver como no-la deixan...

14 xaneiro 2007

13 xaneiro 2007

UNHA GRAN COMUNICADORA


A xornalista Tati Moyano, presentadora do Telexornal Noite da Galega, visitou a Festa do Termo no 2004. Na foto, a excelente comunicadora posa cun coñecido empresario do sector da hostalería do Barbanza.

13 setembro 2006

CHANG-PAI perfecto!!


Publicidade que traía o pasado domingo La Voz de Galicia. Sobran os comentarios... Está claro que o rapaz morre de ganas de vir á Festa do Termo. De entrada executa unha perfecta posición Chang-pai, mellor incluso que algúns usuarios. A ver se aprendemos, aínda que sexa dos anuncios...

+ RETROSPECTER (starring Wladimir)






30 agosto 2006

Paca te clavé la estaca

"Pongamos que hablo de Padín"



Agora que Plutón non é un planeta / Agora que Galiza non ten verdín / Agora que a Novena é centenaria / Pongamos que hablo de Padín

Agora que se van os jodechinchos/ Agora que non hai Guardia Civil / Agora que Mirás se ha real-izado / Pongamos que hablo de Padín

Agora que Carregal foi exaltado/ Agora que Magdalena xa é daquí/ Agora que Rivbeira xa ten parking/ Pongamos que hablo de Padín

Agora que o Termo xa é famoso/ Agora que xa todos queren vir/ Agora que Vladimir está connosco/ Pongamos que hablo de Padín

(copipasteo de paleon.net/blog. Grazas compañeiro!)

Parecidos razonables...

Dende o Chuza propoñen o seguinte parecido razonable:



Atopa as diferenzas...

POLÉMICA !!

Máis repercusión mediática en EL CORREO GALLEGO.

28 agosto 2006

oh what a night!


Chegaron e triunfaron. Tonhito de Poi, Wladimir Dragossan e a súa inseparable moza Rosa foron protagonistas indiscutibles dunha das mellores festas do Termo da historia.

En breve, milleiros de fotos e vídeos do acontecemento neste blog. En canto curemos a resaca. Que hoxe aínda é festa!!

26 agosto 2006

TERMOLECCIÓNS. 1ª temporada - episodio 4




A termolección que todos pedían a gritos! Aquí a tedes. Agora, a demostrar que sodes bos estudiantes e apredestes a lección. Nesta XI edición da Festa do Termo... queremos ver os mellores calvos con repenique do mundo!!!

Merca a chapa oficial do Termo


Xa á venda, a chapa oficial do Termo. Edición limitada! Busca mañá aos membros da Comisión e non perdas esta oportunidade única de levar no peito ou na solapa o auténtico espíritu da Festa do Termo. E só por un euro!!!

Por outra banda, Wladimir informa de que na presentación do seu libro "Os ollos de acibeche" porá á venda dez exemplares, que poderán levar debidamente asinados polo autor os dez usuarios máis espilidos. Quen avisa...