04 noviembre 2005

PREGÓN DO 2002

Excmo. Sr. Alcalde, Excmo. Sr. D. Xosé Cuíña Crespo, Querido Sr. D. Ramiro Carregal, Queridos termeiros e termeiras, Benqueridos todos:

Un ano máis atopámonos diante do pétreo busto do ilustre D. Ramón Domínguez para dar comenzo á única festa do mundo da que nos sentimos totalmente responsables: A FESTA DO TERMO. Non obstante, en nome da COMISIÓN teño que dicir que esta non se responsabiliza das indecentes proclamas de anos anteriores (a saber: ¡¡Don Ramón felación!!), dos berros xusticieiros do Capitán Chumeiras referidos ó Señor Carregal (¡¡os ladróns non viven en chabolas!!), das comparacións dos nosos compañeiros da Festa da Dorna (¡¡el que no bote Policía Nacional!!), se ben temos que recoñecer que non teriamos incoveniente ningún en apoiar, suscribir e ata asinar con toda a nosa forza a dúas últimas.

Con todo debe quedar moi claro que el que mucho abarca poco aprieta y que no por mucho madrugar noche pum canapé. A todo isto súmase o balbordo suscitado polo intelixente artigo con que este ano nos obsequiou o noso querido Teniente Alcalde de Riveira e Diputado Autonómico (con perdón da expresión), o Sr. D. Manuel Ruiz, sobre as enerxías renovables e o parque eólico de Santo Alberte. Nel pódese atopar unha axeitada síntese das catro columnas que a Gran Enciclopedia Larousse lle adica ó termo “enerxía eólica” para disfrute de pequenos e maiores.

Vacaciones Santillana están acabadas. Cómpre asimesmo salientar a traca final coa que remata dito ensaio científico: “Unha derradeira reflexión (di o noso autor) ¿Si a continuidade dos nosos mariñeiros en Marrocos dependese da construcción dun parque eólico, laguen diría que non a esa posibilidade?”Comentando o artigo na reunión da Comisión de onte á noite o comisionado Inclei apuntou que a lóxica desta conclusión poderíase parafrasear como segue: “Se van a violar á túa nai, pero gracias á construcción do parque eólico non a violan ¿negaríaste a esta posibilidade?” A coherencia do siloxismo é incontestable.

A Comisión da Festa do Termo quere manifestar, pois, que está totalmente a favor da construcción do parque eólico de Santo Alberte, pero só no caso de que vaian a violar á nai de un. Se é a de outro que lle dean polo cú. Deste xeito, en estreita relación con todo o dito, son de obrigada mención unhas palabras sobre o competidor que en claro paralelismo provocador lle saiu, como un “herpes”, ó busto de D. Ramón. Pido ós milleiros de persoas que me están a escoitar que xiren sobre o seu eixo 180º de modo que se sitúen cara a cara coa escultura da que estou a falar. ¡¡Valiente provocación á Festa do Termo!! ¡¡Con un par de collóns!! ¡¡É un ataque directo á Comisión!! Realmente é un tema persoal. Por iso, como a Comisión se sinte ferida no seu cerne máis íntimo, non pode menos que tomar unha actitude contraria cara esa aldraxe das institucións.

Propoñemos dous actos de rexeitamento: a) O primeiro deles é un acto de denuncia destructivo: trátase do petardo símbolico con fundas de Boar ó monolito; b) O segundo é un acto reivindicativo pero constructivo: trátase dunha reinterpretación recreativo-termal deste monolito. Está claro que non o imos derrubar, (o amonal solicitado polo comisionado Rilou non chegou a tempo), pero sempre nos queda o recurso á hermenéutica: a reinterpretación, a resignificación, a transformación semántica deste petón de mármore.

Dende agora, dende este mesmo preciso instante, esta pena, este con, este pedaso de pedra xa non será máis unha homenaxe ó Sr. Alcalde, senón un símbolo que recorda, ensalza e ata degusta a figura do gran Stanley Kubrick. Dende xa, polo poder do Termo, ex opere operato, este monolito queda transformado na homenaxe ó cineasta nomeado pola súa grande laboura social, deportiva e cultural no pobo de Riveira. “2001: unha odisea do espacio”, queda convertida, pois, en patrimonio cultural da República do Termo, xa que, dende que cruzou a alfándega, xa quedou entre nós. Para facer efectivo, xa que logo, este segundo acto reinvidicativo-constructivo, ides presenciar unha incrible performance con coreografía de Nacho Duato (asesorado polo Jalafato) e con música de Mozart (coa axuda de Milli). Non me resta nada máis que declarar inaugurada a séptima edición da FESTA DO TERMO e como di o noso gran poeta de Castiñeiras: ¡¡chamádeme fillo de puta ou ide a tomar polo cú!! CHANG PAI, WAN IN KAI!! CHANG PAI, WAN IN KAI!! CHANG PAI, WAN IN KAI!!

Festa do Termo, Praza do Concello, 5 de agosto de 2002

2 Comments:

Blogger glousse said...

Estimados comisionados:
Lembrades quen foi o pregoeiro ese ano?

11:59 a. m.  
Blogger Inclei said...

Foi o ano da performance no monolito, eu lémbroa de día, como lembro o pregón de Rui de Matosinhos pola noite, polo que penso que o 2002 puido ser o ano do Capitán Chumeiras, o da foto, e non o de Rui como creía nun principio.

12:31 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home