15 abril 2006

Repercusión mediática VIII

O ano pasado algúns dábannos por mortos. Esto dicía no 2005 La Voz de Galicia:


Esta foi a carta que lle enviamos a tan respetable xornal, agradecendo o seu interese e desmentindo rumores claramente interesados (non dicimos por parte de quen) da suposta desaparición da Festa do Termo xusto no ano do seu décimo aniversario:



FESTA DO TERMO

COMISIÓN

Querido director:

Quixeramos agradecer o pulo e estímulo que nos proporcionou a columna de Mar Dopico publicada o pasado sábado día 17, na que lamentaba a ausencia da Festa do Termo. De tódolos xeitos sentímonos na obriga de corrixir o seu contido, pois en ningún momento a Festa do Termo deixou de celebrarse. Neste décimo aniversario, que onte tivo lugar na República do Termo e na veciña Ribeira, os membros da Comisión optamos por un retorno ás orixes de tan sobranceira e devanceira celebración, e fixemos da intimidade e o recollemento o noso lema (a máis das célebres verbas proferidas de xeito espontáneo-sorpresivo-vespertino pola segunda xeración de comisionados: “¿A dónde vas, papi?”).

As últimas edicións da Festa do Termo caracterizáronse pola crecente masificación e incorporación de usuarios, polo que neste décimo aniversario retomamos un dos nosos antigos lemas, “¿Que facemos coa xente?”. A máis, a Festa do Termo sempre estivo ó servizo da Comisión, non a Comisión ó servizo da Festa, polo que a flexibilidade nas datas é unha das súas características máis destacábeis.

Agradecendo por suposto a atención que o xornal lle prestou durante esta década á Festa do Termo, despedímonos agardando a vosa compaña nos vindeiros dez anos. Póñanos ós pes das súas redactoras. Un saúdo especial a Ana Gerpe e Simón Balvís.

CHANG-PAI WAN IN KAI!!!!!!

República do Termo

18 de setembro de 2005

Ningún comentario: